O Chispas - Manuel Rivas
Referencia: 21AR16728
EAN: 9788491216728
Dimensiones: 13x20 cm.
Edad: a partir de 12 años.
Páginas: 96
Publicación: 2020
Temática: Autosuperación e o seguimento dun soño. Alucinación de quen se atopa entre a vida e a morte
Texto: Manuel Rivas
Ilustración: Sonia García
Traducción: -.
O Chispas é un guitarrista que aprendeu a falar dereito grazas a unha misteriosa fonte chamada a Fonte da Fala, coidada pola súa nai Aparición. Ao comezo da súa carreira como músico ninguén o toma en serio pero, dun día para outro, o seu éxito dispárase.
Nunha ocasión en que acudía en motocicleta a un festival, o Chispas inicia, sorprenden- temente, unha viaxe cósmica que o ha conducir ao planeta Mutandi, onde vai coñecer uns seres marabillosos chamados Craks e mais aos seus axudantes, os Aux. O Chispas quedará marabillado pola Aux de rostro exótico que o atende e lle ensina Mutandi nunha sorte de cápsulas voadoras chamadas Dragon fly.
Cando esperte desta viaxe, o Chispas regresará á escena dun accidente de circulación no que el mesmo, espertando da conmoción e sendo atendido por unha enfermeira á que confunde coa Aux das súas alucinacións, a piques estivo de perder a vida.
Fuente: Texto extraído de reseña editorial.
No disponemos de documentos de este producto.