Plasticus Maritimus. Unha Especie Invasora - Ana Pêgo - Isabel Minhós Martins - Bernardo Carvalho
Referencia: 21KL30164
EAN: 9788413430164
Dimensiones: 15x21 cm.
Edad: a partir de 10 anos.
Páginas: 176
Publicación: 2020
Temática: guía de campo para concienciar sobre a contaminación por plástico e sensibilizar para un uso racional do mesmo.
Texto: Ana Pêgo e Isabel Minhós Martins
Ilustración: Bernardo Carvalho
Traducción: Celia Recarey
Se os peores prognósticos se cumprisen, en 2050 o peso
do plástico nos océanos superaría o dos propios peixes;
non en van, calcúlase que uns 8 millóns de toneladas dese material -do cal a metade é dun só uso- acaban cada ano
no ecosistema mariño. Este libro é unha guía que presenta a ficha científica desa “especie invasora” que urxe erradicar.
A autora e promotora do proxecto «Plasticus maritimus», Ana Pêgo, medrou á beira dunha praia, observando, aprendendo e apreciando a súa biodiversidade, forxando a activista na que se converteu como beachcomber nunha rede internacional de expertos que axudan a identificar os plásticos recollidos. Dende os obxectos nos que queda atrapada a fauna mariña ou intoxicada pola súa inxesta ata os microplásticos de menos de 5 mm. que se introducen na cadea trófica, esta obra alerta sobre un tipo de contaminación que xa formou a súa propia illa no Pacífico.
Ademais de cuestionar certas ideas sobre a reciclaxe, ofrecer consellos para facer unha saída á praia, sinalar os elementos máis comúns e os máis perigosos de cantos abundan ou destacar exemplos de boas prácticas no mundo na loita contra o plástico, este libro resume en 7R’s as medidas necesarias para xerar conciencia social e actuar.
Fuente: Texto extraído de reseña editorial.
Book Trailer: Vista Previa
No disponemos de documentos de este producto.