Do berce á lúa Cinco - Antonio Rubio - Óscar Villán
Referencia: 21KL45429
EAN: 9788484645429
Dimensiones: 16x16 cm.
Edad: de 0 a 3 años.
Páginas: 12
Publicación: 2005
Texto: Antonio Rubio
Ilustraciones: Óscar Villán
Traducción:
A colección Do berce á lúa está dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade, para quen se deseñaron especialmente estes pictogramas poéticos ou poegramas; un termo acuñado para designar unha modalidade de poesía pictográfica baseada na busca dun ritmo de lectura que axude a “educar o ollo e adozar o oído” do pequeno lector, explica o poeta Antonio Rubio.
Óscar Villán -Premio Nacional de Ilustración 1999- elabora a proposta estética destes oito libros. O seu traballo é artesanal, con pinceladas e tonalidades de cor facilmente apreciables, ata o punto de que as texturas poden case palparse. O debuxo, que resalta sobre un fondo claro, é sinxelo e recoñecible.
Coa achega -literaria e plástica- de ambos creadores, o papel de KALANDRAKA consiste en harmonizar as partes, orientalas no proceso creativo e proceder á edición final. En canto ao contido, cada exemplar da colección Do berce á lúa é “un exercicio poético de gran sinxeleza e forza musical”. Así, o neno ou nena aprende que se le de esquerda a dereita, de arriba a abaixo, e que o paso das páxinas é o devir dos versos.
Dada a menor importancia da grafía, as imaxes adquiren toda a forza comunicativa. Son imaxes lexibles, que se articulan de igual modo que as palabras, coas súas sílabas contadas. Imaxes que se dispoñen á maneira dos versos; ordeadas, medidas, con ritmo e rima final. Imaxes que poden ser lidas de forma autónoma dende a idade máis temperá.
Cada libro é un poema completo que se constrúe:
- En base a unha estrutura poética do cancioneiro infantil: suma, enumeración, encadeamento, verso e retrouso...
- Sérvese dos recursos poéticos do cancioneiro tradicional: ecos, rimas, ritmos, onomatopeas, anáforas...
- Responde aos intereses das primeiras idades: números (CINCO), as cores (CROCODILO), os animais cercanos (MIAU), a lúa máxica (LÚA), os alimentos (PAXARIÑA DE PAPEL),
os obxectos cotiás (ZAPATO), os sons e as onomatopeas (VIOLÍN), a situación dos obxectos no espazo (PIÑEIRO).
Book Trailer: https://issuu.com/kalandraka.com/docs/cinco-g
No disponemos de documentos de este producto.