|  Noticias  |   |   | 
Atención al cliente: 900000000

A mellor sopa do mundo

Ref.: 228715262
Marca: Editorial OQO
13,50 €
¡Selecciona una talla!
Documentos de este producto:
Compartir en Pinterest

    A mellor sopa do mundo

    Autor: Susanna Isern

    Ilustrador: Mar Ferrero

     

    Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxianse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía a auga a ferverpara preparar unha sopa.

    A medida que van chegando, os hóspedes ofrécenlle: cenorias, froitos vermellos, cebolas, mel e outros moitos ingredientes para que bote na ola.

    Mentres, fóra escurece e o frío chega. Dentro da casa, os convidados comparten un bo momento e colaboran na preparación da cea.

    Cando proban a sopa, todos cren que é a mellor do mundo e, abraiados, pensan que Tartaruga engadiu algún ingrediente especial que eles descoñecen. Ao final, Tartaruga desvélalles o seu segredo.

     

    Despois de ¡Pilú! ¡Pilú!, Oso atrapabolboretas e ¿Ónde estás, caracol?, a autora Susanna Isern catívanos de novo cun conto onde os animais son os protagonistas: "Aínda que agora vivo a carón do mar, son nacida no Pirineo, por iso creo que case sempre as miñas historias transcorren en bosques e están protagonizadas por animais."

    Isern apunta que a historia xurdiu no seu pobo hai un par de invernos: "Eu estaba na casa, coa miña familia, gozando da calor do lume; mentres fóra non paraba de nevar. Sentín que todo o que me arrodeaba era o mellor do mundo. O benestar e sobre todo a compañía fan que valoremos máis as pequenas cousas."

     

    "Como este conto ten moito pelo (dos animais protagonistas) e moita la (da roupa quentiña que levan) pensei que os lapis de cores eran perfectos para debuxalo." Así resume a ilustradora Mar Ferrero a elección da técnica para as ilustracións deste libro.

    Na súa primeira colaboración con OQO editora, Ferrero ofrécenos unha proposta plástica que nos atrapa desde a cuberta.

    Os seus tenros personaxes resaltan sobre fondos brancos, sen artificios, e acollen o lector, que entra a formar parte da historia como un comensal máis. Escenas cheas de pequenos detalles convídannos a volver ás imaxes unha e outra vez, co fin de descubrir elementos novos.

     

    Para plasmar o calorciño que desprende o conto, a ilustradora concibe unha casa un tanto especial: "… podía facer a típica casiña de madeira ou pedra, mais quería que fose un punto de luz cálida no bosque e á vez chea de vida e natureza, por iso fixen un invernadoiro, que é o espazo máis axeitado para que unha tartarura viva no medio da neve."

     

     

    Partindo dun encontro fortuito, propiciado polo mal tempo, esta historia amosa que con pouco pódese facer moito, á vez que resalta o valor das pequenas cousas e, sobre todo, da amizade.

     

    Páxinas: 36

    Dimensións: 25x23 cm.

    Gastos de envío 5,99 euros para pedidos inferiores a 89 € (Península)

    No disponemos de documentos de este producto.

    Contacto

    Síguenos

    Dirección:

    C/ Jenaro de la Fuente, 18 - 36205 Vigo (Pontevedra)

    Llámanos ahora:

    986 192 290

    Email:

    info@apitacega.es

    En Apitacega encontrarás: Aire Libre  |  Decoración  |  Descubrimientos  |  Figuras Schleich  |  Habitación  |  Habitación  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juguetes  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Manualidades  |  Material Educativo  |  Material Educativo  |  Material Educativo  |  Mundo Sylvanian  |  Música  |  Ofertas y Descuentos  |  Pequeños Regalos  |  Primeros Juegos  |  Regalo  |  Regalos  |  Sobre Ruedas  |  Sobre Ruedas  |  TEXTIL  |  Vuelta al Cole  |  Vuelta al Cole
    Logo cofinancioado