A princesa do Caurel
Autor: Patacrúa
Ilustrador: Javier Solchaga
A Princesa do Caurel é un conto acumulativo clásico, mais cun desenlace e cunha forma de presentación adaptados, que recupera os elementos máis típicos das series que aparecen na tradición europea: gato, can, pau, lume, auga… Con este tipo de contos, os nenos aprenden a establecer conexións, e a partir de aí, a xeneralizaren e mesmo a faceren predicións.
A personaxe que lle dá título á obra, vai aparecer nomeada de forma indirecta ao longo de toda a narración. Por exemplo, a unha frase curta «Esta é a pega que roubou o anel da princesa do Caurel», vanse engadindo dun xeito sistemático, outras novas. Desta maneira, o elemento desaparecido convértese no fío condutor da historia, e no que propicia o desenlace feliz. Tamén con el, péchase o ciclo de maneira circular, e restablécese a orde do principio do conto: «Este é o pastor que atopou o anel e gañou un bico da Princesa do Caurel». Por último, a repetición dos sucesos, facilita a memorización do texto.
En moitas versións, a acumulación termina coa representación da morte, de moi variadas formas (coitelo, carniceiro…). Porén, máis similares a esta son as series atopadas noutros contos de fórmula do norte de Europa: cofre, chave, corda, rato, gato, pau, machada, ferreiro… En todos estes relatos, a rapidez da acción facilita o seguimento da secuencia, e para alén diso, a transición duns acontecementos a outros, prodúcese dun xeito que provoca curiosidade e atrae o interese do receptor. Características todas que contribúen ao desenvolvemento de capacidades, como a comprensión, a imaxinación ou o sentido estético.
Páxinas: 36
Dimensións: 25x23 cm
Texto de Patacrúa a partir dun texto popular europeo.
Gastos de envío:
ENVÍO 24 HORAS PENÍNSULA 5,99 euros para pedidos inferiores a 89 €
ENVÍO 72 HORAS PONTEVEDRA: MÍNIMO 2,63 € - MÁXIMO 3,71 € para pedidos inferiores a 89 €
ENVÍO 72 HORAS RESTO GALICIA: MÍNIMO 2,73 € - MÁXIMO 4,31 € para pedidos inferiores a 89 €
ENVÍO 72 HORAS PENÍNSULA: MÍNIMO 2,99 € - MÁXIMO 4,49 € para pedidos inferiores a 89 €
No disponemos de documentos de este producto.