|  Noticias  |   |   | 
Atención al cliente: 900000000

Corre corre, cabaciña

Ref.: 228715323
Marca: Editorial OQO
13,50 €
¡Selecciona una talla!
Documentos de este producto:
Compartir en Pinterest

    Corre corre, cabaciña

     

    Autor: Eva Mejuto

    Ilustrador: André Letria

     

     

    Non vin vella nin velliña, 

    nin velliña nin vellón. 

    Corre corre, cabaciña. 

    Corre corre, cabazón!, 

    respondía á cabaza que ía rodando polo camiño, 

    ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león. 

    Quen estará dentro dela, facendo burla das tres feras? 

     

    Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño, mais que aínda non fora editado en galego. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.

     

    Ben que baixo denominacións diversas: A vella e os lobos, O macaco e a cabaça (na versión brasileira), A cabacinha ou A vella que ia na calabaça e encontrou um lobo, Alice Vieira, escritora sobranceira en Portugal, ou compiladores de contos tradicionais lusos como Adolfo Coelho, S. Romero, A. Oliveira ou L. Vasconcellos, recolleron incontables variantes desta historia por todo país e tamén polo Brasil. Nalgunha delas, os animais devoran a avoa, mais nesta adaptación elixiuse un final en que a vella e a neta, con enxeño, humor e imaxinación, conseguen superar os conflitos e dárllelo seu merecido ás tres feras.

     

    Cun ritmo áxil e co «lenga lenga» —case un trabalinguas—, aínda vivo nas versións portuguesas que circulan ata o de agora, este conto multiplica as posibilidades expresivas da narración e da representación teatral.

     

    Por último, André Letria, ilustrador de gran prestixio alén do Miño e gañador en varias ocasións do Premio Nacional de Ilustración de Portugal, crea personaxes de gran forza e personalidade, que dota dunha expresividade acentuada e dun imaxinario humorístico ben definido.

     

    Texto de Eva Mejuto, a partir dun conto popular portugués

     

    Páxinas: 36

    Dimensións: 25x23 cm

    Gastos de envío 5,99 euros para pedidos inferiores a 89 € (Península)

    No disponemos de documentos de este producto.

    Contacto

    Síguenos

    Dirección:

    C/ Jenaro de la Fuente, 18 - 36205 Vigo (Pontevedra)

    Llámanos ahora:

    986 192 290

    Email:

    info@apitacega.es

    En Apitacega encontrarás: Aire Libre  |  Decoración  |  Descubrimientos  |  Figuras Schleich  |  Habitación  |  Habitación  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juguetes  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Manualidades  |  Material Educativo  |  Material Educativo  |  Material Educativo  |  Mundo Sylvanian  |  Música  |  Ofertas y Descuentos  |  Pequeños Regalos  |  Pequeños Regalos  |  Pequeños Regalos  |  Primeros Juegos  |  Regalo  |  Regalos  |  Sobre Ruedas  |  Sobre Ruedas  |  TEXTIL  |  Vuelta al Cole  |  Vuelta al Cole
    Logo cofinancioado