|  Noticias  |   |   | 
Atención al cliente: 900000000

O lobo de area - Åsa Lind - María Elina

Ref.: 21KL44774
Marca: Editorial Kalandraka
15.00 €
¡Selecciona una talla!
Documentos de este producto:
Compartir en Pinterest

    O lobo de area - Åsa Lind - María Elina

     

    Referencia: 21KL44774

    EAN: 9788484644774

    Dimensiones: 15x23’5cm.

    Edad: a partir de 8 anos.

    Páginas: 112.

    Publicación: 2019

    Temática: Historia dunha nena e do seu amigo invisible.

     

    Textos: Åsa Lind

    Ilustración: María Elina

    Traducción: Antón Lado

    Idioma original: -

     

    Zackarina vivía cos seus pais nunha casa á beira do mar.

    A casa era pequena, aínda que o mar era enorme.

    E no mar pódese un bañar, polo menos no verán.

    E xa era verán, un verán cálido e solleiro. E Zackarina queríase bañar. Pero había un problema. Non tiña permiso para bañarse soa, e a papá non lle apetecía baixar á praia…

     

    Que lles importa verdadeiramente ás nenas e aos nenos?

    Que os maiores traballen moito, que non fagan cousas xuntos, que non os entendan... Porque hai tantas Zackarinas sufrindo soidade, frustracións, incomprensión... Moitos lectores mozos sentiranse reflectidos neste relato da premiada Åsa Lind, tan real (e tan imaxinario) como a vida mesma; como tamén moitas nais e pais veranse culpablemente retratados como os “animais estraños” que son, en palabras da protagonista.

     

    A praia é o seu refuxio e o Lobo de Area, o seu único amigo,

    quen dá resposta ás súas inquedanzas, non exentas de fondo calado filosófico: a orixe da existencia, a inmensidade do universo, os medos... No primeiro volume desta coñecida triloxía publicada en varios países e adaptada ao formato teatral, radiofónico e animado, a autora ponse na pel dunha nena que cuestiona a lóxica dos adultos, empatiza cos seus momentos de ira e de impotencia, exprésase coa transparencia e coa naturalidade propias da infancia, dende ese humor absurdo e encantador que xoga cos extremos. Tamén hai pinceladas de tenrura por parte dos seus proxenitores, a típica reacción parental ás “preguntas retorcidas”, a incomunicación e os arrebatos de impaciencia que suceden en calquera fogar.

     

    A complicidade entre Zackarina e o Lobo de Area trasládase do texto ás ilustracións de María Elina -luminosas e cálidas coma o verán- que combinan os trazos rotundos das ceras e dos lapis

    para representar o territorio da realidade, con escenas tenues

    e evanescentes que remiten á fantasía.

     

    Fuente: Texto extraído de reseña editorial.

     

     

    Book Trailer:   Leer capítulo

    Gastos de envío:

     ENVÍO 24 HORAS PENÍNSULA 5,99 euros para pedidos inferiores a 89 € 

     ENVÍO 72 HORAS PONTEVEDRA: MÍNIMO 2,63 € - MÁXIMO 3,71 € para pedidos inferiores a 89 €

     ENVÍO 72 HORAS RESTO GALICIA: MÍNIMO 2,73 € - MÁXIMO 4,31 € para pedidos inferiores a 89 €

     ENVÍO 72 HORAS PENÍNSULA: MÍNIMO 2,99 € - MÁXIMO 4,49 € para pedidos inferiores a 89 €

    No disponemos de documentos de este producto.

    Contacto

    Síguenos

    Dirección:

    C/ Jenaro de la Fuente, 18 - 36205 Vigo (Pontevedra)

    Llámanos ahora:

    986 192 290

    Email:

    info@apitacega.es

    En Apitacega encontrarás: Aire Libre  |  Decoración  |  Descubrimientos  |  Figuras Schleich  |  Habitación  |  Habitación  |  Habitación  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juguetes  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Manualidades  |  Material Educativo  |  Material Educativo  |  Material Educativo  |  Música  |  Música para nenas e nenos  |  Pequeños Regalos  |  Pequeños Regalos  |  Pequeños Regalos  |  Primeros Juegos  |  Regalo  |  Regalos  |  Sobre Ruedas  |  Sobre Ruedas  |  TEXTIL  |  Vuelta al Cole  |  Vuelta al Cole  |  Vuelta al Cole  |  Vuelta al cole
    Logo cofinancioado