|  Noticias  |   |   | 
Atención al cliente: 900000000

Libro CD-DVD "Brinca Vai!"

“Brinca Vai!” é un novo libro-cd-dvd con 12 cancións compostas e interpretadas polo músico Paco Nogueiras. David Pintor elaborou as ilustracións desta publicación, que se completa cos videos dirixidos por Sr.Sagüillo, nos que colaborou o alumnado de varios centros escolares. “Brinca Vai!” proponnos unha viaxe musical ao longo dos 12 meses do ano, cantando e bailando temas vencellados coa natureza, a amizade, a lingua galega, os xogos populares ou as festas tradicionais, dende o entroido ao Nadal, pasando polo Samaín ou o magosto.

A liberdade creativa é a principal característica das composicións, escritas e interpretadas por Paco Nogueiras cun amplo abano de estilos e contrastes, dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, con influencias tradicionais.

Co obxectivo de achegar a tradición á actualidade mediante ritmos e estéticas contemporáneas, as cancións tratan sobre temas incluidos no currículo escolar: as estacións, a natureza, a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares, festas como o Entroido, o Magosto, o Samaín ou o Nadal.

Seguindo o espírito lúdico e humorístico das composicións, as ilustracións de David Pintor destacan tamén polo seu ton trouleiro, caricaturesco e transgresor da realidade, con imaxes de moito colorido, expresividade e dinamismo nas que aparece representado un alter-ego do intérprete ataviado co seu característico chapeu azul.

Os vídeos elaborados por Sr. Sagüillo complementan o carácter audiovisual deste traballo, co propósito de achegar ao eido educativo un material útil para a formación do alumnado, antes e despois dos 7 anos. É unha proposta de lectura, expresión musical e corporal, creatividade artística e aprendizaxe global en clave de diversión, que non remata coa publicación da obra, senón que busca a interacción e deixa aberta a porta á implicación do público escolar e familiar.

Paco Nogueiras (Santiago de Compostela, 1970) é diplomado en Graduado Social, músico e actor. Tras formarse cos artistas Andrés Pazos e Fabio Mangolini, impartiu clases de teatro e dirixiu representacións en entidades culturais e escolas. Foi actor e percusionista de Els Comediants e Os Quinquilláns. Na actualidade forma parte da compañía de animación musical infantil Os Tres TENedORES, do grupo Os Modernos e do coro da Escola Estudio de Música de Santiago. Participou en formacións de música tradicional e foi creador da banda sonora de varios espectáculos teatrais, musicais, de danza e dunha serie infantil da TVG. Colaborou en dous discos con Ophiusa.
Publicada el: 16/05/2014

Contacto

Síguenos

Dirección:

C/ Jenaro de la Fuente, 18 - 36205 Vigo (Pontevedra)

Llámanos ahora:

986 192 290

Email:

info@apitacega.es

En Apitacega encontrarás: Aire Libre  |  Decoración  |  Descubrimientos  |  Figuras Schleich  |  Habitación  |  Habitación  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juguetes  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Manualidades  |  Material Educativo  |  Material Educativo  |  Material Educativo  |  Mundo Sylvanian  |  Música  |  Ofertas y Descuentos  |  Pequeños Regalos  |  Pequeños Regalos  |  Pequeños Regalos  |  Primeros Juegos  |  Regalo  |  Regalos  |  Sobre Ruedas  |  Sobre Ruedas  |  TEXTIL  |  Vuelta al Cole  |  Vuelta al Cole
Logo cofinancioado