|  Noticias  |   |   | 
Atención al cliente: 900000000

Orinoco. Viaxe a un mundo perdido

Tras viaxar durante trece anos por algunas das institucións culturais máis importantes de Alemaña, Francia, Suiza, República Checa, Finlandia, Suecia, Rusia, Dinamarca ou Eslovenia e recibir máis de sete millóns de visitantes, a Cidade da Cultura de Galicia, en colaboración coa Fundación Cisneros, trae por primeira vez á Península Ibérica a Colección Orinoco, a mostra de arte étnica máis importante de Latinoamérica pertencente á Colección Patricia Phelps de Cisneros. Baixo o título "Orinoco. Viaxe a un mundo perdido", o Gaiás ofrece unha homenaxe excepcional á tradición cultural das doce etnias que habitan o Amazonas venezolano: De’áruwa (Piaroa), Ye’kuana, Yanomami, Híwi (Guahibo), E’ñepa (Panare), Wakuénai (Curripaco), Baniva, Baré, Puinave, Warekena, Tsase (Píapoco) e Hoti. Composta por unha ampla selección de obxectos utilitarios de cada un dos grupos indíxenas, a colección consta de máis de 1.500 pezas recompiladas durante cincuenta anos de exploracións: máscaras, cestería, adornos corporais, instrumentos musicais, plumarios, canoas, remos e instrumentos de pesca, obxectos de uso cotián e máxico-relixiosos, que están construídos con materiais da selva, partes de animais, plantas e minerais. A Colección Orinoco propón unha inmersión no chamado “Mundo Perdido”, un lugar protexido e cálido no corazón da selva amazónica, onde apenas o un por cento da luz solar logra alcanzar o chan ao mediodía pero no que o ser humano atopou hai doce mil anos un acolledor fogar onde atopar todo o necesario para vivir. A mostra é un canto á natureza virxe e ao respecto polo medio natural e un recoñecemento ás culturas tradicionais e a súa supervivencia respectuosa coa contorna.
Publicada el: 02/12/2013

Contacto

Síguenos

Dirección:

C/ Jenaro de la Fuente, 18 - 36205 Vigo (Pontevedra)

Llámanos ahora:

986 192 290

Email:

info@apitacega.es

En Apitacega encontrarás: Aire Libre  |  Decoración  |  Descubrimientos  |  Figuras Schleich  |  Habitación  |  Habitación  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juegos  |  Juguetes  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Libros  |  Manualidades  |  Material Educativo  |  Material Educativo  |  Material Educativo  |  Mundo Sylvanian  |  Música  |  Ofertas y Descuentos  |  Pequeños Regalos  |  Pequeños Regalos  |  Pequeños Regalos  |  Primeros Juegos  |  Regalo  |  Regalos  |  Sobre Ruedas  |  Sobre Ruedas  |  TEXTIL  |  Vuelta al Cole  |  Vuelta al Cole
Logo cofinancioado