|  Noticias  |   |   | 
Atención al cliente: 900000000

MúsicaK - Non hai berce coma o colo - Magoia Bodega - Paulo Nogueira - Mariona Cabassa

Ref.: 21KL49076
Marca: Editorial Kalandraka
20.00 €
¡Selecciona una talla!
Documentos de este producto:
Compartir en Pinterest

    MúsicaK - Non hai berce coma o colo - Magoia Bodega - Paulo Nogueira - Mariona Cabassa

     

    Referencia: 21KL49076

    EAN: 9868484649076

    Dimensiones: 16x16 cm.

    Edad: a partir de 0 anos.

    Páginas: 48.

    Publicación: -

    Temática: Libro-disco con 15 cantos de berce tradicionais.

     

    Proxecto: Magoia Bodega e Paulo Nogueira

    Ilustración: Mariona Cabassa

    Voces: Sonia Lebedynski, Mini Rivas, Merchi Rodríguez (Leilía)

    Interpretacións musicais: Pancho Álvarez, Navia Rivas, César Longa, Begoña Riobó, Segundo Grandío, Magoia Bodega, Paulo Nogueria.

     

    Unha voz susurrante, unha melodía suave e o movemento acompasado foron dende tempo inmemorial a receita coa que adormecían os meniños, especialmente sensibles para captar esas sonoridades e abaneos envoltos de afectividade. O remedio aos medos, aos desacougos e aos choros está na tenrura destes cantos de berce, auténtica poesía infantil de tradición oral que achega os cativos ao mundo máis próximo, que lles proporciona ritmo prosódico e corporal, que lles transmite unha valiosa bagaxe para o seu crecemento persoal.

     

    A riqueza deste patrimonio -que en Galicia conta con auténticas alfaias melódicas da tradición oral e musical- non debe caer no esquecemento. O proxecto dirixido por Magoia Bodega e Paulo Nogueira, coa colaboración de destacados músicos e intérpretes, persegue que estes arrolos sigan cantándose nos fogares.

     

    As 15 pezas seleccionadas no libro-disco “Non hai berce coma

    o colo” -concibido como un agasallo para os bebés- conforman unha viaxe musical pola xeografía galega, dende Viveiro a Domaio, pasando por Ribeira de Piquín. Letras tradicionais, música e imaxe transpórtannos tamén a outro territorio imprescindible: o da memoria.

     

    Mariona Cabassa ilustra cada canto con escenas de intenso colorido, nas que destaca o protagonismo da natureza e da familia, na súa diversidade.

     

    Fuente: Texto extraído de reseña editorial.

     

     

    Book Trailer:   Leer capítulo

    Gastos de envío:

     ENVÍO 72 HORAS PENÍNSULA: 5,99 € para pedidos inferiores a 89 €

    No disponemos de documentos de este producto.

    Contacto

    Síguenos

    Dirección:

    C/ Jenaro de la Fuente, 18 - 36205 Vigo (Pontevedra)

    Llámanos ahora:

    986 192 290

    Email:

    info@apitacega.es

    Logo cofinancioado