Sonárbore - Olga Brañas - 2014 - Pitusa Semifusa
Referencia: 21GX55254
EAN: 9788498655254
Dimensiones: 24x21 cm.
Edad: de 4 a 99 años.
Páginas: 24
Publicación: 2014
Texto: Olga Brañas
Música: Olga Brañas
Ilustraciones: Leandro Lamas
Ven coñecer con Pitusa Semifusa os instrumentos da gran familia da música.
E a cantar e bailar con ela. Coa rapaza máis cantareira que nunca houbo no mundo.
Pitusa Semifusa é un mollo de cancións de Olga Brañas protagonizadas por unha nena dese mesmo nome, neta dunha famosa directora de orquestra e que, logo de herdar dela un gramófono, sinte curiosidade por coñecer todas as familias de instrumentos. Ao longo das distintas cancións, nas que participan as voces e os músicos máis importantes de Galicia, Pitusa Semifusa irá avanzando polos pentagramas de todos os instrumentos, de tal xeito que a medida que van avanzando os temas, se van incorporando máis e máis ata rematar nunha completa Festa Musical.
Olga Brañas é Licenciada en Historia da Arte e ten o Grao Profesional en Piano. Estudou ademais harmonía e percusión. É de Ourense e vive en Santiago. Dende moi nova destacou como pianista e pandereteira. Membro de Brañas Folk dende hai máis dunha década, onde deu mostras da súa habilidade xa non só como instrumentista senón tamén como compositora. Foi membro fundador de Folk Focus e da desaparecida Banda Tradicional de Gaitas Ourensá. Sempre di que leva compoñendo dende que ten uso de razón. No mundo da música, a súa traxectoria e inquedanzas levouna a colaborar cos músicos como Uxía, Sérgio Tannus ou Víctor Coyote… ‘Pitusa Semifusa’ é a súa primeira incursión na música infantil.
Lista de cancións:
1- Pitusa Semifusa (Voz: Jara Ortiz)
2- Antón e a súa voz (Voz: Jara Ortiz - Diego Calviño
3- Xan e o seu acordeón (Voz: Rafa Mendez)
4- Canción do vento (Voz: Xiana Lastra - Magín Blanco - Najla Shami - Ramón Bermejo)
5- Ara e a súa arpa (Voz: Uxía)
6- Bieito e o seu piano (Voz: Xoán Curiel)
7- A canción das cordas (Voz: Uxía - Clara Pino - Xurxo Varela - Sapoconcho)
8- Maruxa, Carmiña e as súas pandereitas (Voz: Daniela Sampayo - Cristina Sánchez)
9- A canción da percusión (Voz: Daniela Sampayo - Cristina Sánchez - Xacobe Varela - Andrea Picos - Sérgio Tannus)
10- A festa musical (Voz: Rafa Méndez - Xiana Lastra - Magín Blanco - Najla Shami - Ramón Bermejo - Uxía - Clara Pino - Xoán Curiel - Xurxo Varela - Sapoconcho - Daniela Sampayo - Cristina Sánchez - Xacobe Varela - Andrea Picos - Sérgio Tannus)
Contén CD
Podes visualizar os vídeos do disco na pestaña VIDEOS.
No disponemos de documentos de este producto.