MÚSICAK - SON ANIMAL (PACO NOGUEIRAS)
MÚSICAK - SON ANIMAL (PACO NOGUEIRAS)

Músicak-Son Animal (Paco Nogueiras)

En tienda
20,00 €
Impuestos incluidos

Nogueiras, Paco
Taeger, Marc
O bruar da vaca, o miañar do gato, o ladrar do can, o cacarexar da galiña... Ecos do mundo animal que inspiran os doce temas deste divertido libro-disco co que gozaremos de diferentes estilos musicais.

Páginas: 40
Tamaño: 16 x 16
ISBN: 978-84-1343-205-2

 

Un novo libro-disco de Paco Nogueiras dedicado aos animais máis próximos e aos seus sons convertidos en divertidísimas cancións para cantar e bailar a calquera idade. O bruar da vaca, o miañar do gato, o ladrar do can, o cacarexar da galiña, o zunir do mosquito... Ecos do mundo animal que inspiran os doce temas deste traballo co que viaxamos polo mundo a través de diferentes estilos musicais: dende un aire portugués aos ritmos do leste de Europa, dende unha balada acústica a un animado rock and roll, dende unha fanfarra circense até unha melodía de influencias andinas. As coloridas ilustracións de Marc Taeger permiten imaxinar esa granxa divertida e as páxinas finais do libro achegarán a lectores e lectoras adiviñas, refráns e ditos da nosa tradición oral que falan dos protagonistas deste SON ANIMAL

21KL32052
Sin comentarios
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.
Producto añadido a la lista de deseos
Producto añadido para comparar.