ALGORITMOS - LITERARIA 459
Algoritmos
Xavier Queipo
Editorial: GALAXIA
Ano edición: 06 / 2022
EAN: 9788491519157
Lingua: Galego
Colección: Literaria
Número colección: 459
Encadernación: Rústica
Páxinas: 170
Dimensións: 135 x 210
Nestes Algoritmos non hai trama, senón unha variada galería de personaxes, lecturas e rememoracións, máis ben pretendidas intimidades intelectuais. Non son un dietarios, nin tan sequera unha compilación, senón unha secuencia de ideas acoutadas entre 2011 e 2018. Felizmente inclasificábeis, como tantos outros textos de Xavier Queipo, estes algoritmos reflicten dalgún xeito que son os propios algoritmos a ideoloxía dominante neste tempo de dúbidas e incertezas, que temos que apandar con eles, coñecelos e dominalos, mesmo para seguir exercendo o oficio de escribir. Un exercicio de análise, de pensar fóra da norma, de expresar ideas e sentimentos con estas notas heteróclitas, aloucadas ás veces e excesivamente racionais outras, para construír o meu relato, que diría Queipo.