- Nuevo
27 HISTORIAS PARA TOMAR A SOPA
27 historias para tomar a sopa
Wölfel, Ursula
Bernasconi, Pablo
Tradución: Paco Mirandeira
Aínda que á sopa lle falta sal, sempre a poderemos facer máis apetecible contando unha historia e, se son 27, terá moito mellor sabor...
Páxinas: 72
Dimensións: 15 x 23,5
ISBN: 978-84-8464-494-1
Unha vez un neno non quería tomar a sopa. A nai díxolle: «Voucha dar eu». Entón o neno respondeu: «Está moi quente!». A nai remexeu a sopa. Agora xa non estaba quente. Pero entón o neno virou a cabeza e repuxo: «Non teño fame. Non quero comer. Quero xogar». Daquela a nai empezou a contarlle un conto para que tomase a sopa… A apaixonante historia da máquina de saltos-xira-balanceadoratocabuguinas, os gustos culinarios das vacas, o temor a voar dunha bolboreta recén nacida ou a xenerosidade dun esquío cunha familia de ratiños campestres son algúns dos relatos breves -pero de intenso sabor- que vai debullando unha nai para abrir o apetito do seu fillo.