ELMER E WILBUR
ELMER E WILBUR

ELMER E WILBUR

En tienda
15,00 €
Impuestos incluidos

Elmer e Wilbur
McKee, David
Tradución: Xosé Manuel González
Volven as andanzas do entrañable elefante multicolor, que recibe a un curmán tan traste coma el. Atopalo na espesura da selva converterase nunha divertida aventura, entre simpáticas bromas.

Colección: Tras os montes
Idade recomendada: A partir de 3 anos
Páxinas: 32
Dimensións: 20 x 23
ISBN: 978-84-1343-059-1

 

Elmer e Wilbur
McKee, David
Tradución: Xosé Manuel González
Volven as andanzas do entrañable elefante multicolor, que recibe a un curmán tan traste coma el. Atopalo na espesura da selva converterase nunha divertida aventura, entre simpáticas bromas.

Elmer contara coa axuda de Wilbur para atopar un osiño perdido nunha das anteriores aventuras deste simpático personaxe multicolor; agora é Wilbur quen necesita que o seu curmán o saque dun apuro, algo no que van colaborar de xeito entusiasta outros elefantes. Velaquí un novo relato cheo de amizade, tenrura, ledicia, empatía, solidariedade e axuda colectiva, e tamén moito humor. Porque se Elmer se caracteriza por ser traste, Wilbur é outro trangalleiro. Por iso dar con el convértese en toda unha peripecia: non está onda o tigre, nin no tobo dos coellos e tampouco é súa a imaxe que se reflicte na superficie do lago… a voz de Wilbur escóitase por todas partes, pero non hai nin rastro del a pesar de que o seu aspecto é tan chamativo como o do seu curmán.

Cada vez están máis intrigados sobre o paradoiro de Wilbur ata que, por fin, a súa pelaxe branca e negra sobresae entre o arborado. Pero gastaranlle algunha que outra chanza antes de levalo onda o resto da manda.

Máis de 30 anos despois da publicación dos primeiros títulos desta serie, Elmer xa é un clásico da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea. As súas aventuras, mundialmente coñecidas, protagonizaron máis dunha vintena de títulos editados en numerosos países. Unhas ilustracións cheas de colorido e de contrastes, e un relato con tensión narrativa ben resolta, fan desta colección un recurso imprescindible para primeiros lectores enxalzando a tolerancia e o respecto polas diferenzas, afondando no autocoñecemento e na individualidade, e destacando a importancia de ser un mesmo.

21KL30591
Sin comentarios
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.
Producto añadido a la lista de deseos
Producto añadido para comparar.