VIAXES-DO BERCE A LÚA
VIAXES-DO BERCE A LÚA

VIAXES-DO BERCE A LÚA

En tienda
9,50 €
Impuestos incluidos

Viaxes
Rubio, Antonio
Villán, Óscar
Tradución: Manuela Rodríguez
Nenas e nenos de distintas idades e culturas -un aceno á diversidade- desprázanse en medios de locomoción individuais e colectivos tanto para xogar como para chegar a outros lugares: monopatín, bicicleta, automóbil…

Colección: Do berce á lúa
Idade recomendada: A partir de 0 anos
Páxinas: 18
Dimensións: 16x16
ISBN: 978-84-1343-083-6

 

Viaxes
Rubio, Antonio
Villán, Óscar
Tradución: Manuela Rodríguez
Nenas e nenos de distintas idades e culturas -un aceno á diversidade- desprázanse en medios de locomoción individuais e colectivos tanto para xogar como para chegar a outros lugares: monopatín, bicicleta, automóbil…

A colección 'Do berce á lúa' está dirixida a nenas e nenos de 0 a 3 anos de idade, para quen se deseñaron especialmente estes pictogramas poéticos ou poegramas; un termo acuñado para designar unha modalidade de poesía pictográfica baseada na busca dun ritmo de lectura que axude a «educar o ollo e adozar o oído» do pequeno lector, explica o poeta Antonio Rubio. Óscar Villán -Premio Nacional de Ilustración 1999- elabora a proposta estética destes oito libros. O seu traballo é artesanal, con pinceladas e tonalidades de cor facilmente apreciables, ata o punto de que as texturas poden case palparse. O debuxo, que resalta sobre un fondo claro, é sinxelo e recoñecible. Coa achega -literaria e plástica- de ambos creadores, o papel de KALANDRAKA consiste en harmonizar as partes, orientalas no proceso creativo e procede á edición final.

Canto ao contido, cada exemplar da colección Do berce á lúa é «un exercicio poético de gran sinxeleza e forza musical». Así, o neno ou nena aprende como se le de esquerda a dereita, de arriba abaixo, e que o paso das páxinas é o devir dos versos.

Dada a menor importancia da grafía, as imaxes adquiren toda a forza comunicativa. Son imaxes lexibles, que se articulan de igual modo que as palabras, coas súas sílabas contadas. Imaxes que se dispoñen á maneira dos versos; ordeadas, medidas, con ritmo e rima final. Imaxes que poden ser lidas de forma autónoma dende a idade máis temperá.

21KL30836
Sin comentarios
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.
Producto añadido a la lista de deseos
Producto añadido para comparar.