A PASO DE TARTARUGA
A paso de tartaruga
Ofogo Nkama, Boniface
Luciani, Rebeca
Tradución: Manuela Rodríguez
Conto tradicional africano adaptado polo narrador de 'O León Kandinga''. Unha fábula protagonizada polo animal máis lonxevo e sabio que conseguíu salvar o reino animal da fame e da morte.
Colección: Os contos do Trasno
Idade recomendada: A partir de 3 anos
Páxinas: 40
Dimensións: 26,5 x 21
ISBN: 978-84-1343-108-6
A paso de tartaruga
Ofogo Nkama, Boniface
Luciani, Rebeca
Tradución: Manuela Rodríguez
Conto tradicional africano adaptado polo narrador de 'O León Kandinga''. Unha fábula protagonizada polo animal máis lonxevo e sabio que conseguíu salvar o reino animal da fame e da morte.
Despois de «O león Kandinga» (Premio Fundación CJ 2009 en Corea, mención do Premio Città di Bella 2011 en Italia e recomendación de lectura no Premio FNLIJ 2011 de Brasil), o autor e narrador oral Boniface Ofogo adapta outro relato da milenaria tradición africana. «A paso de tartaruga» é unha fábula protagonizada pola criatura máis lonxeva e sabia, paciente e perseverante; un relato sobre como acadou a salvación de toda a fauna. Porque nin a veloz e astuta lebre, nin o grande e impoñente elefante, nin tampouco o rinoceronte, nin o chimpancé, nin a xirafa… foron capaces de transmitir a fórmula da supervivencia que, curiosamente, procedía da boa, unha criatura que -na cultura occidental- asóciase co perigo, coa crueldade e coa morte. Ademais de derrubar certos prexuízos, este conto tradicional adaptado tamén pon o foco na supremacía que os humanos exercemos dende tempo inmemorial sobre os demais habitantes do planeta, rompendo o equilibrio e a harmonía entre especies. Unha historia cun ritmo narrativo áxil, cuxa intensidade baséase nas estruturas dialogadas, nos hábiles xiros argumentais e na repetición de accións que remiten ás fontes da oralidade.
As ilustracións de Rebeca Luciani transpórtannos a escenarios diversos: intensos cando remiten a tempos felices e escuros na adversidade, cunha paleta exuberante onde as formas e as cores combinan a figuración e a experimentación.