UNHA GRAN SORPRESA
UNHA GRAN SORPRESA

UNHA GRAN SORPRESA

En tienda
16,50 €
Impuestos incluidos

Unha gran sorpresa
Kulot, Daniela
Tradución: Nicolás, Iago

Unha misteriosa corda vermella asoma por debaixo da porta e leva a familia de Crocodilo e Xirafa a vivir novas aventuras. Que haberá ao outro lado?

Colección: Demademora
Idade recomendada: A partir de 3 anos
Páxinas: 32
Dimensións: 23 x 30
ISBN: 978-84-1343-197-0

 

Unha gran sorpresa
Kulot, Daniela
Tradución: Nicolás, Iago

Unha misteriosa corda vermella asoma por debaixo da porta e leva a familia de Crocodilo e Xirafa a vivir novas aventuras. Que haberá ao outro lado?

O que podería ser un día calquera convértese nunha emocionante aventura para a familia de Xirafa e Crocodilo. Unha misteriosa corda traza o camiño dunha viaxe que conclúe con «Unha gran sorpresa». O título deste libro de Daniela Kulot xa anticipa un desenlace que esperta a curiosidade das lectoras e dos lectores desde a primeira páxina, cando se formula un enigma do que os máis pequenos da casa parecen ser cómplices. A participación de Croquila e Rafolo reflicte o protagonismo da infancia nun fogar onde os afectos e as emocións están por enriba dos agasallos materiais.

Atravesando o río, escalando montañas, sobrevoando a cidade e atravesando as súas rúas, non só irán saudando diversos veciños -o pato, a marmota, o merlo…- que van sumándose á excursión, senón que tamén vivirán novas experiencias e practicarán destrezas nas que os maiores axudan aos pequenos a desenvolverse.

Tras «Crocodilo namorado», «Unha parella diferente», «Unha casa á medida» e «Unha familia normal», a continuación da serie segue achegando historias sobre a tolerancia e o respecto á diversidade a través de animais humanizados entrañables e divertidos. A proposta estética segue centrándose no colorido das escenas e na expresividade dos personaxes introducindo -xa desde as gardas do libro- grandes perspectivas que permiten representar accións simultáneas que reforzan o dinamismo do relato.

21KL31970
Sin comentarios
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.
Producto añadido a la lista de deseos
Producto añadido para comparar.