UN GRAN DÍA DE PESCA-GALEGO
Un gran día de pesca (galego)
Gastó, Jordi
Inaraja, Christian
Tradución: Ballesteros, Xosé
Que se precisa para un día de pesca? Páxina a páxina e rima a rima, Roque e os seus amigos irán acumulando todos os trastes necesarios para organizalo da forma máis divertida.
Colección: Acartonados
Idade recomendada: A partir de 3 anos
Páxinas: 22
Dimensións: 17,5 x 22
ISBN: 978-84-1343-193-2
Un gran día de pesca (galego)
Gastó, Jordi
Inaraja, Christian
Tradución: Ballesteros, Xosé
Que se precisa para un día de pesca? Páxina a páxina e rima a rima, Roque e os seus amigos irán acumulando todos os trastes necesarios para organizalo da forma máis divertida.
«Un gran día de pesca» é un divertido relato rimado e acumulativo que invoca a amizade e a interacción con outras persoas, que anima a romper a rutina con orixinalidade e a experimentar novas sensacións. Os autores de «Se che pica un mosquito» (XVII Premio Frei Martín Sarmiento de Literatura Infantil), Jordi Gastó e Christian Inaraja, volven cun novo libro cheo de humor, gozo e alegría. Á falta dunha cana, o protagonista vai rodeándose dun numeroso grupo de amigos e amigas que non só lle proporcionan todo o necesario para pescar, senón para pasar un día fantástico de festa, música e cancións. Porque o importante é celebrar e compartir unha xornada inesquecible en boa compañía aínda que, de regreso, o caldeiro siga estando baleiro…
As ilustracións destacan pola expresividade dos personaxes e a súa potencia comunicativa. De trazos sinxelos, son estruturas deliberadamente básicas e imperfectas, con cores planas e alegres que acentúan o carácter lúdico do texto.