O ELEFANTE QUE PERDEU O SOU OLLO
O ELEFANTE QUE PERDEU O SOU OLLO

O ELEFANTE QUE PERDEU O SOU OLLO

En tienda
16,00 €
Impuestos incluidos

O elefante que perdeu o seu ollo
Ofogo Nkama, Boniface
Taeger, Marc
Tradución: Rodríguez, Manuela
Unha viaxe ao corazón de África a través dunha fábula sobre a importancia da calma para afrontar as dificultades.

Colección: Os contos do Trasno
Idade recomendada: A partir de 4 anos
Páxinas: 40
Dimensións: 26,5 x 21
ISBN: 978-84-1343-261-8

 

O elefante que perdeu o seu ollo
Ofogo Nkama, Boniface
Taeger, Marc
Tradución: Rodríguez, Manuela
Unha viaxe ao corazón de África a través dunha fábula sobre a importancia da calma para afrontar as dificultades.

Nos momentos de preocupación e anguria, cando o que nos rodea se volve un caos que nos impide retomar o control da situación, unha palabra amable e unha caricia son o mellor bálsamo. É o que lle acontece ao protagonista de «O elefante que perdeu
o seu ollo» cando, a piques de perder a esperanza, se encontra cunha nena que lle aconsella actuar con calma e tranquilidade.

Ambientado en Omassa, a súa aldea natal, o narrador camerunés Boniface Ofogo adapta este conto tradicional africano que,
canda «A paso de tartaruga» e «O león Kandinga», recrea a estreita relación do ser humano coa fauna, composta por todo tipo
de criaturas salvaxes. Unha fábula na que, percorrendo distintos ecosistemas como o río, a selva e a sabana, o elefante pídelles axuda a outros animais na procura do seu ollo, ao tempo que descubrimos a súa simboloxía: o sapo observador, o crocodilo nadador, a tartaruga sabia, o chimpancé intelixente…

Ademais dos recursos da literatura oral, como a estrutura acumulativa e as repeticións, o texto tamén destaca polos momentos de humor que contrastan co dramatismo dun relato no que a auga é unha metáfora da serenidade e da templanza ante as dificultades.

Dende as guardas do libro, as ilustracións de Marc Taeger transpórtannos ata o continente africano a través dos colores, das paisaxes e da vexetación. A súa proposta emprega materiais asequibles para a infancia, como ceras e pinturas, cos que representa escenas cheas de dinamismo, expresividade e luminosas texturas nas que tamén se integra parte da tipografía.

21KL32618
Sin comentarios
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.
Producto añadido a la lista de deseos
Producto añadido para comparar.