UNHA CAIXA MISTERIOSA
Unha caixa misteriosa
Gastó, Jordi
Inaraja, Christian
Tradución: Ballesteros, Xosé
Unha caixa misteriosa aparece no xardín. Que haberá dentro? A imaxinación de Ana dispárase e coa súa caixa percorre o mundo da fantasía, dende os lugares máis próximos aos máis afastados e fantásticos.
Colección: Acartonados
Idade recomendada: A partir de 3 anos
Páxinas: 22
Dimensións: 17,5 x 22
ISBN: 978-84-1343-351-6
Unha caixa misteriosa
Gastó, Jordi
Inaraja, Christian
Tradución: Ballesteros, Xosé
Unha caixa misteriosa aparece no xardín. Que haberá dentro? A imaxinación de Ana dispárase e coa súa caixa percorre o mundo da fantasía, dende os lugares máis próximos aos máis afastados e fantásticos.
«Unha caixa misteriosa» encerra todo un mundo de posibilidades. O seu contido é infinito; tanto como o que alcanza a curiosidade, a fantasía, a capacidade creativa para desenvolver grandes aventuras. Un novo libro acartonado de Jordi Gastó e Christian Inaraja tras «Un gran día de pesca» e «Se che pica un mosquito», cheo de ritmo e humor, gozo e ledicia, que invita a experimentar novas sensacións.
A partir dun obxecto tan simple, a protagonista deixa de estar soa para rodearse, primeiro, de elementos relacionados co xogo, a festa, a diversión. Ao paso das páxinas, medra o caudal de ilusión incorporando personaxes, aventuras, maxia, escenarios remotos, misterio, emoción, risco, música… Nunca en tan pouco espazo couberon tantas historias!
Como nos títulos precedentes, as ilustracións destacan pola súa expresividade e potencia comunicativa, cunha pequena homenaxe ao clásico «Onde viven os monstros», de Maurice Sendak. De trazos sinxelos, son estruturas deliberadamente básicas e imperfectas, con cores planas e intensas que acentúan o carácter lúdico do texto.