- Nuevo
A FESTA DOS ANIMAIS
A festa dos animais
Farina, Marcos
Un acartonado ideal para xogar aos contrarios no que os animais acompañan as nenas e os nenos nas súas tarefas cotiás.
Colección: Acartonados
Idade recomendada: A partir de 2 anos
Páxinas: 24
Dimensións: 19 x 19
ISBN: 978-84-1343-353-0
A festa dos animais
Farina, Marcos
Un acartonado ideal para xogar aos contrarios no que os animais acompañan as nenas e os nenos nas súas tarefas cotiás.
«A festa dos animais» presenta unha vintena de especies: insectos, mamíferos, aves, réptiles… Hainos de distintos tamaños, que habitan en ecosistemas diferentes, algúns dos protagonistas son domésticos e outros viven en estado salvaxe. O texto —que utiliza tipografía maiúscula e en cor para resaltar as palabras clave— establece un xogo de conceptos contrarios asociado ás calidades de cada criatura, ás súas habilidades ou ás súas características. Canda eles, varios nenos e nenas acompañan os seus movementos ou imitan as súas accións dun xeito lúdico, experimentando situacións divertidas e dando renda solta á súa curiosidade.
Trátase dunha forma orixinal, interesante e asequible para as nenas e os nenos máis pequenos de coñecer a fauna do mundo e a súa diversidade, de celebrar a súa convivencia en harmonía e amizade, ao tempo que amplían o seu vocabulario con adxectivos, verbos e outras fórmulas da linguaxe.
Resulta especialmente chamativo o estilo vintage das ilustracións de Marcos Farina: son grafismos cun marcado interese pola xeometría, o coidado da composición e a expresividade dos xestos faciais, con cores suaves e planas.