UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA-LIBRO POP-UP
  • Nuevo
UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA-LIBRO POP-UP

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA-LIBRO POP-UP

En tienda
19,50 €
Impuestos incluidos

Unha eiruga moi larpeira - Libro POP-UP
Carle, Eric
Tradución: Heras, Chema y Martínez, Pilar
Unha pequena eiruga percorre as páxinas perforadas deste libro devorando todo canto atopa ata converterse nunha fermosa bolboreta. A obra máis emblemática de Eric Carle, agora en edición pop-up.

Colección: Tras os montes
Idade recomendada: A partir de 2 anos
Páxinas: 16
Dimensións: 23 x 16,5
ISBN: 978-84-1343-338-7

 

Libro POP-UP
Carle, Eric
Tradución: Heras, Chema y Martínez, Pilar
Unha pequena eiruga percorre as páxinas perforadas deste libro devorando todo canto atopa ata converterse nunha fermosa bolboreta. A obra máis emblemática de Eric Carle, agora en edición pop-up.

Dende un ovo diminuto que destaca sobre unha folla na escuridade da noite ata a fermosa e colorida transformación da protagonista, moitas cousas lle acontecen a «Unha eiruga moi larpeira». Durante toda unha semana, acompañámola no seu crecemento: nos primeiros días, rillando deliciosas e coloridas froitas; logo, dándose un festín de lambetadas que se lle indixestan; e finalmente, tomando un petisco vexetal antes de converterse nunha enorme eiruga para tecer o casulo onde, durante dúas semanas máis, experimentará o seu gran cambio físico.

Velaquí unha completa lectura que aborda e nomea o paso do tempo (o día e a noite, os días da semana), os primeiros números, a diferenza de tamaños, a alimentación saudable, a natureza e o proceso da metamorfose…

Esta edición despregable ofrece unha lectura vistosa e atractiva pola diversidade de formas que adopta o papel para sorprender as nenas e os nenos máis cativos: siluetas que sobresaen das páxinas, elementos extensibles que se pregan e despregan co movemento, lapelas interiores que abren e pechan, perforacións… sinxelas enxeñarías papirofléxicas que engrandecen a historia desta obra tan emblemática coa súa inconfundible estética de colaxe, unha técnica na que Eric Carle foi especialista.

Publicada por primeira vez en 1969, vendéronse máis de 50 millóns de exemplares, foi adaptada para a televisión e está traducida a máis de 60 linguas. Ademais de recibir o American Institute of Graphic Arts Award en 1970, foi premiada tamén en Inglaterra, Francia, Xapón, e figura nas listas máis prestixiosas dos mellores libros infantís. En 2020 foi incluída pola Biblioteca Pública de Nova York entre os dez éxitos de todos os tempos.

21KL33387
Sin comentarios
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.
Producto añadido a la lista de deseos
Producto añadido para comparar.