MALETA DO BERCE A LÚA (5 TÍTULOS)
Maleta Do Berce A Lúa (5 Títulos)
MALETA DO BERCE A LÚA (5 TÍTULOS)
Maleta Do Berce A Lúa (5 Títulos)

Maleta Do Berce A Lúa (5 Títulos)

En tienda
47,50 €
Impuestos incluidos

Maleta “Do berce á lúa”
Rubio, Antonio
Villán, Óscar
Traducción: Rodríguez, Manuela
“Do berce á lúa” fai 20 anos cunha maleta ilustrada por Óscar Villán para transportar e compartir os libros preferidos dos máis pequenos.

Colección: De la cuna a la luna
Edad recomendada: A partir de 0 años
Páginas: 78
Tamaño: 16,5 x 16,5 x 5,5
ISBN: 978-84-1343-420-9

 

“Do berce á lúa” fai 20 anos cunha maleta ilustrada por Óscar Villán para transportar e compartir os libros preferidos dos máis pequenos.

“Do berce á lúa” fai 20 anos e para celebralo poñemos á disposición de lectoras e lectores unha maleta exclusiva ilustrada por Óscar Villán para transportar e compartir os libros preferidos dos máis pequenos. Un formato ideal para regalar ou para quen accede por primeira vez a esta colección, que é xa todo un referente da LIX para as primeiras idades.

“Lúa”, “Animais” e “Bebé” conforman o contido da maleta que se completa con “Limón” e “Flores”, as dúas últimas novidades publicadas recentemente. Unha selección de cinco obras imprescindibles que, como o resto da colección, se apoian nos recursos do cancioneiro tradicional infantil (rima, ritmo, enumeración, repetición, verso e retrouso, acumulación...) e en imaxes recoñecibles sobre fondos claros para contribuír a iniciar o camiño da prelectura de nenos e nenas.

Cada exemplar de “Do berce á lúa” é un exercicio poético para educar o ollo e adozar o oído, como explica o seu autor Antonio Rubio. Pese á súa aparente sinxeleza, tanto o seu deseño como o seu contido, a partir de temas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación.

21KL34209
Sin comentarios
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.
Producto añadido a la lista de deseos
Producto añadido para comparar.