NOITE DE GOLPES
NOITE DE GOLPES

Noite De Golpes

En tienda
16,00 €
Impuestos incluidos

Noite de golpes
Ahlberg, Allan
Amstutz, André
Traducción: Senra Gómez, Sandra e Óscar
O esqueleto grande e o esqueleto pequeno non poden deixar de chocar unha e outra vez. O Dr. Ósos está atento para resolver cada situación, pero a súa paciencia ten un límite…

Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 32
Tamaño: 21,2 x 27,5
ISBN: 978-84-1343-374-5

 

O esqueleto grande e o esqueleto pequeno non poden deixar de chocar unha e outra vez. O Dr. Ósos está atento para resolver cada situación, pero a súa paciencia ten un límite…

Con tantos choques, tropezos e cabezadas, estes esqueletos non só son os máis divertidos da literatura infantil, senón tamén os máis torpes. Sorte que o doutor Ósos resolve con vendas, gasas e estribeiras as consecuencias de tantos contratempos.

Logo de «Os esqueletos divertidos» e «Soñar con dinosauros», as gargalladas están de novo aseguradas con «Noite de golpes». Tralo icónico inicio que sitúa as lectoras e os lectores na escuridade dun soto, dunha casa, dunha rúa e dunha cidade, sucédense os accidentes fortuítos entre o esqueleto pequeno e o esqueleto grande: xogando a distintos deportes, pintando o seu fogar de chamativas cores -con cenos á arte pop- e ata bailando a canción O esqueleto do disco «Canta connosco!» de Migallas… non hai situación que non remate cunha boa zoupada.

Cunha composición a base de viñetas e bocadillos de texto que remiten ao cómic, as ilustracións destacan polo contraste entre a ambientación nocturna e o intenso colorido dos espazos onde transcorre a historia. O ritmo e o dinamismo das imaxes e a abundancia de detalles fannos volver repetidas veces sobre estas páxinas cheas de humor, ritmo e sorpresas.

21KL33745
Sin comentarios
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.
Producto añadido a la lista de deseos
Producto añadido para comparar.