Daniela Pirata. Todas As Súas Aventuras
Daniela Pirata. Todas as súas aventuras
GOMEZ;ISERN, SUSANNA
Todas as aventuras de Daniela Pirata nun libro recompilatorio!
Editorial: NUBEOCHO
Colección: NUBEOCHO
Materia BIC: Álbumes ilustrados
Edad recomendada: a partir de 3 años
EAN: 9788410406711
N° páginas : 164
Medidas: 280 x 240 mm.
Encuadernación: Carton
Xa está aquí o álbum recompilatorio da pirata máis famosa dos sete mares!
Inclúe os libros Daniela Pirata, Daniela e as mozas piratas, Daniela Pirata e a bruxa Sofronisa, e Daniela Pirata e a malvada ciclope.
Na súa primeira aventura, Daniela desafía o Capitán Orella Cortada e convértese na capitá pirata do Caimán Negro. Na segunda, coñece sereas, tritóns e unha amigable balea que será de moita axuda no rescate do naufraxio das Pirañas Intrépidas. Na súa terceira e cuarta aventura, Daniela e a súa tripulación enfróntanse a unha poderosa bruxa e á malvada ciclope que ten secuestrado o príncipe do Reino do Sol.
Daniela Pirata converteuse nunha personaxe admirada da literatura infantil, unha nena valente que non se rende e que nos recorda a importancia da igualdade entre nenas e nenos.