O Segredo Das Cíes (Gañadora V Premio Fina Casalderrey)
O SEGREDO DAS CÍES (Gañadora V Premio Fina Casalderrey)
A.R.DO LOBO
Editora: BAIA EDICIONS S.L.
Materia: INFANTIL
EAN: 9788499954714
Encadernación: Tapa blanda
Tamaño: 200x200x9 mm.
Idioma: Galego
Ilustrator: Blanca Millán
Nas Cíes vivían moitos seres que desfrutaban das súas praias de area branca e augas cristalinas; desde sempre actuaban como xefas as gaivotas patiamarelas… pero non todas, só os machos, que se vían coma un exército formado por soldados e mandado por xenerais!!! Pero para a píllara Noa e os seus amigos Xan o ourizo e a gaivota Saínza esa situación tiña que cambiar, pero xa! Había que acabar coa tiranía dos xenerais! Tras conseguir que se celebrara unha asemblea en territorio neutral, todos os animais das illas acordaron que a partir dese momento todas as decisións se tomarían en conxunto… E ningún dos xenerais foi quen de abrir o peteiro para protestar.