PEQUERRECHO
Pequerrecho
Pequerrecho
PEQUERRECHO
Pequerrecho
Pequerrecho

Pequerrecho

En tienda
15,90 €
Impuestos incluidos

Pequerrecho
Mireia Aleu
ISBN: 978-84-9871-776-1
Pequerrecho era un lugar tan pequeniño, que a xente alí empe facía dous traballos a un tempo. Un día, a carteira malabarista e o pasteleiro astrónomo marcharon xuntos, e os oficios que sempre foran sinxelos empezaron a complicarse.

Colección: Colección O
Páxinas: 48 págs
Encadernación: Cartoné
Medidas: 25x23 cm
Publicación: Outubro 2025

 

Pequerrecho era un lugar tan pequeniño, que a xente alí sempe facía dous traballos a un tempo. Un día, a carteira malabarista e o pasteleiro astrónomo marcharon xuntos, e os oficios que sempre foran sinxelos empezaron a complicarse.

Pequerrecho é un canto ao divertimento e unha reclamación sen complexos de situacións absurdas e disparatadas que poderían xurdir na vida real -e quizais haberá quen as teña vivido-. Esta entretida e provocadora historia ofrécenos, ao longo das súas páxinas, unha relación de disparidade entre a palabra e a imaxe, que coloca o lector ante situacións inverosímiles e provoca unha dúbida final, que terá que ser resolta confrontando ficción e realidade.

Ante esta orixinal proposta, aparentemente lúdica e sinxela, o lector terá que tirar as súas propias conclusións tras unha coidadosa reflexión e segundo os seus criterios particulares, quizás co sentido común dun adulto ou coa inocencia dun lector en formación.

Mireia Aleu Barangé, formada en Ilustración Infantil e Xuvenil na Escola Universitaria de Deseño e Arte de Barcelona complementa o texto, xogando en ocasións co contraste de sentidos, cunha serie de imaxes de cores moi vivas, que se corresponden coas características que definen a narrativa do proxecto, cheas de detalles gráficos que reforzan o absurdo da historia, mantendo un estudado equilibrio entre as dúas linguaxes, textual e visual.

Premio Internacional de Álbum Ilustrado Ciudad de Fuengirola, 2025.

OQO17761
Sin comentarios
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.
Producto añadido a la lista de deseos
Producto añadido para comparar.