O Coelliño Branco (Gran Formato)
O coelliño branco (Formato grande)
Xosé Ballesteros
Óscar Villán
O conto popular portugués, agora nun formato grande, ideal para contar e compartir.
Colección: Tras os montes
Idade recomendada: A partir de 3 anos
Páxinas: 26
Dimensións: 27 x 27
ISBN: 978-84-1343-400-1
Un dos libros máis emblemáticos de Kalandraka, nun formato grande ideal para contar e compartir. Ao regresar de recoller coles na horta para facer un caldo, o pequeno coello branco encontra a súa casa ocupada pola terrible cabra cabresa. Tras pedirlle axuda a varios animais máis grandes ca el sen obter bos resultados, será só o máis diminuto de todos quen se atreva a enfrontarse á malvada cabra. O coelliño branco é unha adaptación de Xosé Ballesteros a partir dun conto popular portugués, con ilustracións de Óscar Villán, quen por este traballo obtivo en 1999 o Premio Nacional de Ilustración. Trátase dun texto-fórmula concibido tanto para ser lido como para ser contado e que xoga de forma especial coa sonoridade e coa rima. Unha historia sobre a amizade e a coraxe que mostra que a valentía non é cuestión de tamaños.