UN PEIXE É UN PEIXE
Un peixe é un peixe
Lionni, Leo
Tradución: González, Xosé Manuel
Unha fábula sobre a amizade que anima á reflexión sobre a identidade, o coñecemento e a aceptación dun mesmo.
Colección: Tras os montes
Idade recomendada: A partir de 3 anos
Páxinas: 40
Dimensións: 22 x 27,5
ISBN: 978-84-1343-283-0
Un peixe é un peixe
Lionni, Leo
Tradución: González, Xosé Manuel
Unha fábula sobre a amizade que anima á reflexión sobre a identidade, o coñecemento e a aceptación dun mesmo.
Unha fábula sobre a amizade que anima á reflexión sobre a identidade e sobre a forma en que accedemos ao coñecemento. Nun estanque, preto do bosque, vivían dous amigos inseparables: un peixiño e un cágado. O peixiño non cría que o cágado se convertese en ra, así que discutiron e discutiron ata que o cágado decidiu marchar a explorar o mundo. Ao seu regreso, tras contarlle ao seu amigo as cousas tan extraordinarias que vira máis alá do estanque, o peixiño tamén decidiu seguir os seus pasos. Pero pronto descobre
que vivir na terra non é como imaxinaba...
En “Un peixe é un peixe” aparecen temas presentes noutros álbums de Lionni como a importancia da amizade ou a aceptación da diferenza. Trátanse, con todo, de maneira orixinal, outros aspectos de gran profundidade: como coñecemos as cousas, como sabemos o que sabemos, como vemos os demais ou como somos vistos por eles. Un interesante punto de partida para unha conversa sobre as
nosas capacidades e o que significa non poder facer algo que outros si poden.