VICVS I. UN LUGAR DO COMÚN
Autor: Beto Luaces
438 páginas
Rústica 17 x 24 cm.
Idioma: Galego
Vicvs - Un lugar do común é o punto de partida dunha serie literaria ambientada na cidade de Vigo e na serra do Suído, dous espazos que se tornan case en protagonistas das historias creadas por Beto Luaces capaz de concibir, a partir dun suceso tráxico, unha trama fascinante na que resulta difícil discernir realidade e ficción, pasado e presente, historia e literatura.
Senén Barreiro , un arquitecto que vén de cumprir cincuenta anos está a observar a paisaxe nocturna desde a galería da casa paterna de Candeán , un arrabalde rural elevado de Vigo . Ás súas costas , está a se conformar a xuntanza familiar : é Noiteboa e el quere darlle á súa familia unha noticia importante . Porén , nesa mesma noite , acontece algo que vai a mudar para sempre a historia da familia Barreiro e , por suposto , a sua . Daquela , Senén recibe un encargo , que o vai levar a indagar no pasado familiar e a descubrir que o mundo da emigración galega , cando menos unha parte dela , non é como decote se contou de maneira oficial . Un libro polémico roxorde e forma parte da trama durante aquela viaxe , se cadra , inncesaria .
Un Lugar do Común é o primeiro título da serie de novela negra denominada VICVS