SONÁRBORE 24 – FANTASÍA COAS PALABRAS (PAPI E MAMI)
Os textos en castelán son da autoría de Rosa María Modrego Tejada, baixo o selo editorial: Istarduk Ediciones
Con cada letra do abecedario podemos crear tantas aventuras como queiramos! Fadas, bruxas, xigantes, indios, piratas, unha elefanta rapeira ou unha mamá marciana acompañarannos nesta viaxe de Fantasía coas palabras. Unha proposta para aprender o abecedario dunha maneira orixinal e divertida. Que comece a maxia: Abracadabra!
Papi e Mami é o nome artístico que adoptan Jorge e María para presentar a súa primeira edición conxunta, o libro/disco Fantasía coas palabras.
Jorge Juncal:
Músico multiinstrumentista con anos de experiencia como acordeonista en diversos grupos folk do país: Anubía, Macfeck, Faltriqueira ou Beladona. Actualmente compaxina os concertos co traballo de estudio como arranxista e produtor musical.
María López (Faltri):
Compoñente do grupo vocal Faltriqueira, formación que leva mais de 15 anos percorrendo escenarios nacionais e internacionais interpretando música tradicional galega e ritmos étnicos doutras latitudes.
Ambos os músicos forman parte da escena infantil músico-teatral dende hai 5 anos. Traballaron en varios repertorios que acadaron o recoñecemento do público e programadores como a saga de “A Nena e o Grilo” , “Gatuxo” ou “A Banda das Apertas”.