UN CUARTO CHEO DE MONSTROS
Un cuarto cheo de monstros
Canosa, María/ Padrón, Dani
Editorial: TRIQUETA VERDE
Materia: INFANTIL: DE 3 A 4 AÑOS
Colección: SIN COLECCION
EAN: 9788418687860
Encuadernación: TAPA DURA
Páginas: 40
Tamaño: 220x240 mm.
Idioma: GALEGO
Un libro perfecto para librarse de todos os temores nocturnos por parte dos máis pequenos.
Un bonito texto rimado de María Canosa, que nos devolve á infancia e que nos lembra a cantidade de temores que algúns temos á hora de irnos para a cama.
Propón un verdadeiro catálogo de monstros entrañables aos que moitos nenos temen e que resolve a forma de enfrontarnos a eles con graza.
Sinopsis
O noso protagonista ten un cuarto grande, agradable e espazoso cunha gran xanela. Un cuarto con moitos xoguetes pero tamén cunha gran cantidade de monstros que xunto a el dormen cada día.
Desde o monstro da escuridade, o dos ollos brillantes, o monstro pantasma, o monstro do silencio e mesmo o coco...
Danche medo? Pois el propón unha divertida colección de trucos para desfacerte de todos eles.