O GRUFALO
Autora: Julia Donaldson
Ilustrador: Axel Scheffler
Tradutoras: Laura Sáez, Mónica Pazos
Páxinas:26
Dimensións: 22x28cm
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-939350-4-7
Editora: Patasdepeixe Editora
O ratiño vivía tranquilo na fraga ata que descobre que a o moucho, a serpe e a raposa queren papalo para cear. Menos mal que é terriblemente intelixente e invéntase unha criatura que non existe para escorrentalos… Pero que pasará cando o ratiño se atope co mesmísimo Grúfalo no medio da fraga? Acabará este conto en triunfo ou en desgracia? Probablemente un dos libros máis divertidos que leas nunha longa temporada!
O Grúfalo é probablemente o libro infantil máis vendido da literatura anglosaxona. O seu segredo está nun argumento moi emocionante, onde o ratiño fai todo o posible por salvar o pelello. É un libro tan enxeñoso que terás que volver relelo así que o remates!