A FILLA DO GRUFALO
Autora: Julia Donaldson
Ilustrador: Axel Scheffler
Traductoras: Laura Sáez, Mónica Pazos
Páxinas: 32
Dimensións:22x28
Idioma: Galego
Edición: 1ª Ed. 1ª Impresión 27-03-2015
ISBN: 978-84-939350-5-4
Editora: Patasdepeixe Editora
O grúfalo tivo unha filla de solteiro e saíulle bastante rabuda e aventureira. Por moito que lle dixo que non fose explorar pola fraga porque alí vive un arrepiante rato, ela consegue escapar unha noite en busca de aventuras. E vaia se descobre cousas nesa noite misteriosa! Acompaña a filla do Grúfalo pola fraga durante a noite e axúdaa a escapar da lenda do rato terrorífico! A segunda parte do Grúfalo está a altura en calidade ao Grúfalo. Se ben se di que segundas partes non son boas, o enxeño de Julia Donaldson consegue recaptar a nosa atención e proxectar novas aventuras na figura da filla do Grúfalo, unha cativa indomable. De novo un libro de repeticións, acumulativo, de rimas e xiros inesperados que engancha a lectoras de moitos tramos de idade diferentes polos seus moitos niveis de lectura.