QUEDA SITIO NA VASOIRA
Autora: Julia Donaldson
Ilustrador: Axel Scheffler
Tradutoras: Laura Sáez, Mónica Pazos, Saleta Fernández
Páxinas:26
Dimensións: 28.5x26
Encadernación: cartoné
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-946341-2-3
Editora: Patasdepeixe Editora
Julia Donaldson
Axel Scheffler
A bruxa vai toda contenta na súa vasoira co seu gato, ata que lle cae o lazo da súa trenza entre as silvas. Aí comeza unha aventura que acabará liando a unha paxara, unha ra, un can e un dragón nunha aventura trepidanet e fascinante por terra, por mar e sobre todo, por aire. Este libro é unha mestura de aventuras, risas e nervios nesta historia inesquecible de amizade, monstros e sobre todo, moita maxia!
Este libro, na liña do Grúfalo e A filla do Grúfalo,preséntanos unha aventura rimada e de carácter repetitivo e acumulativo. Este tipo de lecturas estimulan a capacidade imaxinativa e de retentiva das pícaras e xeran unha fascinación e diversión ca lectura difícil de igualar. A impecable tradución é froito dun obradoiro de nove meses de duración feito entre tres tradutoras profesionais e once alumnas do IES Sta Irene de Vigo no curso 20-21. Recomendamos comparala con outras linguas para apreciardes o detalle, musicalidade e fermosura desta edición en galego.