O TESOURO DE PIRATA FRANK
Autor: Mal Peet y Elspeth Graham
Ilustrador: Jez Tuya
Páxinas: 38
Dimensión: 30x26cm
Encuadernación: Cartoné
Idioma: Galego Edición:1ªedición setembro 2022
Editorial: Patasdepeixe
ISBN: 978-84-946341-9-2
Este é un libro cheo de cores e de aventuras. O neno cruza o mar, chega á illa, escala as montañas, nada no pantano, sube as escadas e chega a unha palmeira, todo para atopar o famoso tesouro de Pirata Frank.
Pero cando chega leva unha enorme sorpresa, pois a Pirata Sally Frank non ten gana ningunha de deixarlle poñer as mans no seu cofre! Así que toca desfacer o camiño a todo correr e baixar as escadas, nadar o pantano, volver escalar as montañas e saír escopeteado da illa do tesouro!
Neste conto acumulativo de ida e volta a rima e as accións mestúranse cun ritmo trepidante e divertido. É un conto para cantar, para gozar das rimas, para rir, para moverse, para correr e sobre todo para imaxinar como sería ese tesouro tan famoso da Pirata Sally Frank que non nolo deixaron nin ver!
Na cuberta do barco, á noitiña, co canto das gaivotas no solpór, chega a hora de durmir e soñar con aquela illa tan misteriosa onde vive aquela pirata tan rabuda.