- Nuevo
CONO CAN-GALEGO
Autora: Sarah Howden
Ilustradora: Carmen Mok
Tradutora: Laura Sáez
Correctoras: Mónica Pazos
e Saleta Fernández
Idioma: Galego
Idioma orixinal: Inglés
Páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Tamaño: 240x240mm
Edición: 1a edición novembro 24
ISBN: 978-84-127810-3-8
Dep Legal: PO-468-2024
Editorial: Patasdepeixe
Este libro é o compañeiro canino de GATO CONO. Un día, Emma sae do veterinario cunha pantalla de plástico
xigante na cabeza. Este armatroste impídelle xirar, cavar e fai que Garson, o galgo, queda apampado. Unha cousa
está clara: o cono non é bo e o único que queda por facer é enfadarse. Cando o humano que vive con Emma tenta
animala cun xogo de buscar a pelota, Emma descubre que o cono atrapa milagrosamente todas as pelotas. Emma
decátase de que o cono tamén ten outras vantaxes sorprendentes, desde servirlle como casco durante os seus
saltos no corredor ata axudarlle a cavar ao triple de velocidade. O mellor de todo é que o cono xoga un papel
fundamental no plan mestre de Emma para asustar ao esvaradío esquío do barrio, Keith. Finalmente, o cono
desaparece, e Emma queda libre, pero a importante lección que aprendeu os seus días co cono permanece: con ou
sen cono, é o espírito inventivo de Emma o que a converte nunha cadela única e especial. Esta nova e divertida
continuación de GATO CONO é unha deliciosa oda ao enxeño e a sacarmos o mellor dunha situación moi
canplicada.