GATO CONO-GALEGO
  • Nuevo
GATO CONO-GALEGO

GATO CONO-GALEGO

En tienda
15,90 €
Impuestos incluidos

Autora: Sarah Howden
Ilustradora: Carmen Mok
Tradutora: Laura Sáez
Correctoras: Mónica Pazos
e Saleta Fernández
Idioma: Galego
Idioma orixinal: Inglés
Páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Tamaño: 240x240mm
Edición: 1a edición novembro 24
ISBN: 978-84-127810-2-1
Dep Legal: PO-467-2024
Editorial: Patasdepeixe

 

Un día, o pobre Jeremy esperta no veterinario cun cono xigante arredor da cabeza. Este cono provócalle unha
crise existencial momentánea que o converte no torpe e cheirento GATO CONO. Todo é terrible ata que o cono
pasa a convertirse nun instrumento para lamber os últimos restos dos cereais na mesa do almorzo. Con ese
cono na cabeza, a natureza de GATO CONO cambia e convértese nun novo gato que agora pode facer moitas
cousas que o vello Jeremy non podía. Pode cazar arañas con facilidade, recoller o recheo do sofá e disfrazarse de
bol para roubar unha bola de xeado nunha festa de aniversario. Cando llo quitan ao día seguinte, Jeremy comeza
a estrañalo. Terá outra oportunidade de volver gozar dos trucos que facía como GATO CONO? Non lle levará
moito tempo descubrilo...
Este é un libro divertidísimo que, con ilustracións e textos enxeñosos, fainos pensar sobre a importancia de
sabermos que ás veces, situacións terribles poden ter o seu lado positivo, e aínda que non o pareza, calquera
gatástrofe ten a súa solución.

21PD81021
Sin comentarios
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.
Producto añadido a la lista de deseos
Producto añadido para comparar.