CANTA XENTE SE NECESITA
CANTA XENTE SE NECESITA

CANTA XENTE SE NECESITA

En tienda
16,00 €
Impuestos incluidos

Canta xente se necesita...?
Font, Anna
Tradución: Rodríguez, Manuela
Un orixinal libro-xogo, cheo de humor e de cor, que invita á reflexión sobre os afectos, a convivencia e a cooperación.

Colección: Demademora
Idade recomendada: A partir de 3 anos
Páxinas: 36
Dimensións: 21 x 29,7
ISBN: 978-84-1343-292-2

 

Canta xente se necesita...?
Font, Anna
Tradución: Rodríguez, Manuela
Un orixinal libro-xogo, cheo de humor e de cor, que invita á reflexión sobre os afectos, a convivencia e a cooperación.

Ao igual que facer un libro require a participación de moitas persoas, «Canta xente se necesita…?» expón diversas situacións nas que resulta imprescindible a presenza ou a colaboración de alguén máis para que algo suceda. Hai circunstancias vitais como nacer, medrar, empezar a andar ou voar (acaso unha metáfora da madurez); momentos cotiás como cambiar unha lámpada ou dar un bico; algúns rocambolescos como subir a un elefante ou causar un atasco; outros de calado filosófico e emocional como sentir soidade (e a súa antítese). Nestas e noutras accións —nas que a infancia ten un gran protagonismo— ten que haber unha man allea tendida, un xesto de apoio, unha axuda altruista.

Anna Font reflexiona sobre as posibilidades para construírmos unha sociedade plural, cohesionada e, por extensión, un mundo mellor no que todas e todos temos algo positivo —e non necesariamente material— que achegar e compartir. Así, abórdanse a tolerancia e a diversidade de familias e parellas, a cooperación polo ben común, a ecoloxía, a solidariedade e a empatía ante o individualismo e a indiferenza, a mobilización fronte á apatía… Unha mensaxe ao alcance das nenas e dos nenos en clave de humor, optimismo, esperanza e sentido lúdico da lectura, con preguntas que admiten respostas diversas, animando a dialogar e a intercambiar opinións libremente. Como tratándose dun xogo de adiviñas, a contribución da autora represéntase de forma invertida e con distinta tipografía.

Ademais da sinxeleza, da frescura, da espontaneidade e do ton poético do texto, tamén destacan o colorido e a luminosidade das ilustracións a dobre páxina: colaxes que, a través de múltiples detalles, amplifican a capacidade evocadora desta obra.

21KL32922
Sin comentarios
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.
Producto añadido a la lista de deseos
Producto añadido para comparar.