AS AVENTURAS DE EMIL-ASTRID LINDGREN
As aventuras de Emil
Lindgren, Astrid
Berg, Björn
Tradución: Álvarez Martínez, David A.
Emil ten cinco anos, é un neno forte, valente e algo testán que se dedica a facer todo tipo de falcatruadas. Un clásico de Astrid Lindgren protagonizado por un dos seus personaxes máis queridos.
Colección: 7 Leguas +
Idade recomendada: A partir de 6 anos
Páxinas: 108
Dimensións: 16 x 23,5
ISBN: 978-84-1343-342-4
As aventuras de Emil
Lindgren, Astrid
Berg, Björn
Tradución: Álvarez Martínez, David A.
Emil ten cinco anos, é un neno forte, valente e algo testán que se dedica a facer todo tipo de falcatruadas. Un clásico de Astrid Lindgren protagonizado por un dos seus personaxes máis queridos.
60 anos despois da súa publicación, chegan en galego «As aventuras de Emil», ideais para ler e gozar en familia coas andanzas deste neno de cinco anos agarimoso e ocorrente que vive nunha granxa coa súa familia. Ao igual que co personaxe de Pippi Mediaslongas, trátase dunha exitosa serie que Astrid Lindgren escribiu na década de 1960 inspirándose, neste caso, nos recordos da infancia que lle contara o seu pai, un gran narrador de historias. A autora tiña un agarimo especial por esta obra, que o director sueco Olle Hellbom adaptou ao cinema en 1971. Convencida de que a felicidade e a aprendizaxe de nenas e nenos está unida ao xogo, Emil pasa o tempo xogando. Métese en leas polas súas divertidas falcatruadas, pero sae delas con enxeño e aprende que, como na vida, as cousas -aínda que se fagan con boa intención- pódense revirar.
Trátase dun texto humorístico estruturado en episodios cuxa cerna son as travesuras de Emil; disparates hilarantes que representan a nobreza da infancia e reflicten o temperamento alegre do protagonista, a súa forma natural de ser e de expresarse que, malia desbaratar a paz do fogar, se enmarcan nun ambiente lúdico que irradia a toda a comunidade. Astrid Lindgren recrea a literatura costumista de raíz popular facendo que a voz narradora adopte a forma oral dos contos: vivencias cómicas acontecidas nun tempo indeterminado nas que se mesturan a experiencia e a tradición.
Tras ver un dos seus debuxos, a propia autora elixiu a Björn Berg para ilustrar a Emil, quen tomou como modelo o seu fillo Torbjörn. Tamén viaxou a Småland, a terra natal de Astrid Lindgren, para familiarizarse coa paisaxe e cos seus habitantes. O resultado foron un cento de imaxes en tinta -agora restauradas e coloreadas- que, acordes ao sentido do humor da prosa, destacan pola calidez, os detalles e o dinamismo dos personaxes.