- Nuevo
ISTO É MOI ESTRAÑO
Isto é moi estraño…
Galí, Mercè
Tacchini, Matilde
Tradución: Rodríguez, Manuela
Unha divertida historia chea de humor, dobres sentidos e situacións hilarantes que convida a xogar coas marabillosas posibilidades creativas da linguaxe.
Páxinas: 32
Dimensións: 22 x 22
ISBN: 978-84-1343-358-5
Mamá sempre di que eu son o seu pequeno coala. Papá non opina o mesmo, cre que eu son o seu ratiño. E, cando durmo, non sei por que, os dous pensan que son un leirón. Pero a cousa non acaba aquí… Un divertido xogo de palabras e imaxes en torno ás múltiples comparacións entre as cualidades dos animais e dos nenos.