• Nuevo
29 HISTORIAS DISPARATADAS

29 HISTORIAS DISPARATADAS

En tienda
15,00 €
Impuestos incluidos

29 historias disparatadas
Wölfel, Ursula
Bruguera, Neus
Tradución: Susana Fernández de Gabriel e Franck Meyer
Relatos cheos de enxeño e imaxinación para viaxar a un mundo de moitas cores e formas onde todo é posible. Mesmo o máis inverosímil.
Páxinas: 72
Dimensións: 15 x 23,5
ISBN: 978-84-8464-498-9
Premios : LISTA DE HONRA DA IBBY (Categoría tradución) - 2008

 

Unha rapaza non quería facer o que facía todo o mundo. Resultáballe aburrido. Por iso sempre saía pola porta recuando. Unha vez atropelou o avó… Un home era tan ordenado que non aturaba que as agullas do reloxo non estivesen rectas… Había un rapaz con ollos tan penetrantes que podía cortar o pan coa ollada... Entre as virtudes literarias de Ursula Wölfel sobresae o sentido do humor co que abordaba as pequenas historias cotiás nas que os personaxes -tanto animais como persoas- son os protagonistas de situacións cómicas e sorprendentes. A súa imaxinación movíase no terreo do nonsense, captando a atención do público con disparatadas ocorrencias.

21KL44989
Sin comentarios
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.
Producto añadido a la lista de deseos
Producto añadido para comparar.