ERA DÚAS VECES O BARÓN LAMBERTO-100 ANOS GIANNI RODARI
  • Nuevo
ERA DÚAS VECES O BARÓN LAMBERTO-100 ANOS GIANNI RODARI

ERA DÚAS VECES O BARÓN LAMBERTO-100 ANOS GIANNI RODARI

En tienda
16,00 €
Impuestos incluidos

Era dúas veces o Barón Lamberto
Rodari, Gianni
Zabala, Javier
Tradución: Isabel Soto
As peripecias dun aristócrata ancián que, grazas a un antigo remedio, experimenta unha progresiva melloría na saúde, entre outros sorprendentes efectos. Unha das historias máis divertidas de Rodari, recuperada no ano do seu centenario.
Páxinas: 168
Dimensións: 15 x 23,5
ISBN: 978-84-1343-005-8

 

O lago de Orta está no medio das montañas. No medio do lago de Orta, aínda que non xusto na metade, está a illa de San Giulio. E na illa de San Giulio está o pazo do barón Lamberto, un señor moi vello (ten noventa e tres anos), bastante rico (posúe vinte e catro bancos en Italia, Suíza, Hong Kong, Singapur etcétera) e sempre enfermo… «Era dúas veces o barón Lamberto» é un relato divertido e disparatado que, ao longo de doce capítulos e un epílogo, conta as peripecias dun ancián e adiñeirado aristócrata que, poñendo en práctica un antigo remedio exipcio, experimenta unha progresiva melloría na súa saúde, entre outros sorprendentes efectos. Trátase dun texto cunha elaborada estrutura narrativa, chea de puntos de inflexión que introducen novos personaxes e tramas que manteñen en vilo a atención e o interese lector. A naturalidade e a fluidez do estilo, a precisión na descrición de lugares ou sucesos e a riqueza léxica, fan dubidar se estamos ante unha historia real ou ficticia; mostra de ata onde Gianni Rodari é quen de transportarnos coa imaxinación. Destaca sobre todo o humor intelixente a través de xogos de palabras, diálogos surrealistas e recursos da literatura do absurdo que nos sitúan ante unha prosa brillante.

21KL30058
Sin comentarios
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.
Producto añadido a la lista de deseos
Producto añadido para comparar.