UN AGASALLO DIFERENTE
Un agasallo diferente
Azcona, Marta
Osuna, Rosa
Tradución: Manuela Rodríguez
Nunca un cacho de tea tivo tantas e tan útiles aplicacións. A imaxinación pode converter o obxecto máis insignificante no máis marabilloso dos xoguetes.
Colección: Demademora
Idade recomendada: A partir de 3 anos
Páxinas: 40
Dimensións: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-527-6
Un agasallo diferente
Azcona, Marta
Osuna, Rosa
Tradución: Manuela Rodríguez
Nunca un cacho de tea tivo tantas e tan útiles aplicacións. A imaxinación pode converter o obxecto máis insignificante no máis marabilloso dos xoguetes.
Tristán obsequia o seu amigo Marcel cun anaco de tea sobrante dunhas cortinas. Marcel tería preferido unha buxaina, pero acaba agradecendo ese agasallo porque decátase da cantidade de utilidades que pode ter un simple pano: para limparse, protexerse do sol, cruzar un río, abrigarse, fuxir dos perigos... Debaixo do lazo e do papel, un agasallo poder ser unha desilusión para quen agardaba outro tipo de obsequio. Marcel apreciará a humildade do detalle porque os protagonistas pertencen a un mundo no que se valoran os obxectos máis insignificantes: chapas, cortizas, cordas e ata unha pedra poden converterse nun xoguete marabilloso, nunha fascinante caixa de sorpresas.
«Un agasallo diferente» é unha reflexión sobre a decepción, aborda a capacidade innata dos nenos e das nenas para darlle renda solta á imaxinación e gozar co que teñen á man, por simple que pareza. Para eles, calquera cousa pode agochar un tesouro e converterse nunha fonte de diversión, nunha boneca rusa que conteña todos os xoguetes, todos os agasallos.
Nas ilustracións aparece un misterioso personaxe que segue os protagonistas nas súas aventuras. A técnica combina o uso do pastel con aplicacións de tea.