O SORRISO DE DANIELA
O sorriso de Daniela
Gil, Carmen
Luciani, Rebeca
Tradución: Manuela Rodríguez
O sorriso deste conto ten ás e voa dun corazón a outro, dando ledicia a quen está triste, ánimo a quen se sinte decaído...
Colección: Demademora
Idade recomendada: A partir de 6 anos
Páxinas: 40
Dimensións: 27 x 21
ISBN: 978-84-8464-634-1
O sorriso de Daniela
Gil, Carmen
Luciani, Rebeca
Tradución: Manuela Rodríguez
O sorriso deste conto ten ás e voa dun corazón a outro, dando ledicia a quen está triste, ánimo a quen se sinte decaído...
Un relato inzado de figuras literarias que rezuma optimismo e ledicia en cada unha das súas liñas. Daniela irradia gañas de vivir a cantos seres alicaídos se cruzan no camiño do seu sorriso voador, un sorriso que se transmite en cadea a todos os animais que protagonizan esta fábula: a hipopótama, o chimpancé, a elefanta, a avestruz e o chacal cambian os seus complexos, o seu mal humor, a súa vida monótona, a súa insenbilidade e o seu carácter belicoso por unha nova actitude ante a vida, con autoestima, agarimo, audacia, tenrura e simpatía. Carmen Gil ofrécelles aos lectores un relato de estructura circular, que cheo de contrastes e gran carga simbólica. Tamén se pode interpretar como un puzzle de historias unidas por un fío conductor: o sorriso de Daniela, que se contaxia dun personaxe a outro ata volver á protagonista principal logo de ter sido “colibrí en primavera, bolboreta de cores, raio de sol, chuvia de maio e un aloumiño do ar”.
Dende o punto de vista estético, destaca a luz e o colorido co que Rebeca Luciani constrúe o mundo de Daniela: o detallismo das ilustracións, a orixinalidade coa que superpón os elementos de cada escea, a modo de collage, e a complicidade que establece cos lectores mediante a introducción de garabatos e pinceladas infantís.