INVENTARIO ILUSTRADO DE DINOSAUROS
INVENTARIO ILUSTRADO DE DINOSAUROS

INVENTARIO ILUSTRADO DE DINOSAUROS

En tienda
18,00 €
Impuestos incluidos

Inventario ilustrado de dinosauros
Aladjidi, Virginie
Tchoukriel, Emmanuelle
Tradución: Fernando Moreiras
Fascinantes criaturas que habitaron a Terra ata hai 66 millóns de anos -entre o Triásico, o Xurásico e o Cretáceo- amósanse neste libro ata onde a paleontoloxía puido estudar os seus fósiles. Aquí están os últimos achados sobre case medio cento de primitivos réptiles, predecesores das actuais aves.

Colección: Inventarios ilustrados
Idade recomendada: A partir de 6 anos
Páxinas: 72
Dimensións: 21,5 x 30
ISBN: 978-84-16721-19-1

 

Inventario ilustrado de dinosauros
Aladjidi, Virginie
Tchoukriel, Emmanuelle
Tradución: Fernando Moreiras
Fascinantes criaturas que habitaron a Terra ata hai 66 millóns de anos -entre o Triásico, o Xurásico e o Cretáceo- amósanse neste libro ata onde a paleontoloxía puido estudar os seus fósiles. Aquí están os últimos achados sobre case medio cento de primitivos réptiles, predecesores das actuais aves.

Unha pequena historia da vida na Terra, dende as súas orixes hai 4300 millóns de anos, é o punto de partida do “Inventario ilustrado de dinosauros”, que reúne 47 especies agrupadas en períodos xeolóxicos: dende o Triásico, con exemplares como o Mussaurus patagonicus; seguindo polo Xurásico coa presenza do Diplodocus carnegii; ata o Cretáceo, cando habitou o Tyrannosaurus rex. A doutora en Paleontoloxía Claire Peyre de Fabrègues, do Museo Nacional de Historia Natural de París, explica nunha entrevista os avances realizados dende os anos 90, coas novas tecnoloxías. Así, descubrir que algúns dinosauros tiñan plumas -de aí o seu parentesco coas aves- foi unha das principais novidades.

Lonxe quedan aqueles incipientes coñecementos que xerou o achado dos primeiros fósiles por parte do investigador británico Richard Owen. As 700 especies de dinosauros identificadas ata o momento poderían aumentar considerablemente porque “aínda quedan moitísimas por descubrir”, afirma Claire Peyre.

Un libro para estimular a curiosidade dos pequenos -e non tan pequenos- lectores, entre os que quizais xurdan futuros paleontólogos, técnicos de laboratorio ou mediadores científicos, que aquí dispoñen de datos sobre a clasificación, descubrimento e descrición dos principais dinosauros. As ilustracións, ao estilo dos antigos cadernos de campo, son o resultado de combinar o estudo de esqueletos, imaxes científicas e reconstruccións, coa particular interpretación artística de Emmanuelle Tchoukriel.

21KL21191
Sin comentarios
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.
Producto añadido a la lista de deseos
Producto añadido para comparar.