O PEIXE ARCODAVELLA
O PEIXE ARCODAVELLA

O PEIXE ARCODAVELLA

En tienda
16,00 €
Impuestos incluidos

O peixe Arcodavella
Pfister, Marcus
Tradución: Iago Nicolás Ballesteros
De ser o máis admirado a quedar só e triste. E todo por non compartir unha das súas escamas escintilantes. Porque a beleza non vai por fóra, senón no interior.

Colección: Tras os montes
Idade recomendada: A partir de 3 anos
Páxinas: 32
Dimensións: 21,5 x 28
ISBN: 978-84-8464-417-0

 

O peixe Arcodavella
Pfister, Marcus
Tradución: Iago Nicolás Ballesteros
De ser o máis admirado a quedar só e triste. E todo por non compartir unha das súas escamas escintilantes. Porque a beleza non vai por fóra, senón no interior.

O escintileo das súas escamas iluminaba a auga ao seu paso e chamaba a atención dos demais peixes, que o admiraban e chamaban por el para xogaren xuntos, pero o peixe Arcodavella ignorábaos. Mais todo cambiou cando, con moito desaire, lle negou unha das súas escamas brillantes a un peixiño azul; dende entón, todos lle deron as costas e o peixe Arcodavella quedou só e triste. Será o polbo sabio quen lle indique o remedio para acadar a amizade que rexeitara inicialmente coa súa actitude fachendosa. Porque non é máis feliz quen máis resplandece; a auténtica beleza está no interior: humildade, xenerosidade e bondade son algunhas das claves da harmonía cun mesmo e cos demais.

«O peixe Arcodavella» é unha invitación para -como lle acontece ao protagonista desta fermosa historia aclamada en todo o mundo- sentir “algo estraño” no noso interior cando compartimos o que temos. Un clásico de 1992 que segue tan refulxente como antano, con luminosas acuarelas que nos transportan a un fondo mariño cheo de vida e de intenso colorido.

21KL44170
Sin comentarios
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.
Producto añadido a la lista de deseos
Producto añadido para comparar.