O PIRATA VALENTE
O PIRATA VALENTE

O PIRATA VALENTE

Sin unidades
12,00 €
Impuestos incluidos

O pirata valente
Alcántara, Ricardo
Gusti
Tradución: Xosé Ballesteros
Que ocorre cando un intrépido pirata sobe ao pau maior do seu navío e, en pleno fragor da aventura, a súa nai chama por el para ir tomar a merenda? Fantasía e humor, en clave rimada para os máis cativos da casa.

Colección: Acartonados
Idade recomendada: A partir de 3 anos
Páxinas: 16
Dimensións: 17,5 x 22
ISBN: 978-84-8464-448-4

 

O pirata valente
Alcántara, Ricardo
Gusti
Tradución: Xosé Ballesteros
Que ocorre cando un intrépido pirata sobe ao pau maior do seu navío e, en pleno fragor da aventura, a súa nai chama por el para ir tomar a merenda? Fantasía e humor, en clave rimada para os máis cativos da casa.

Que sucede cando un feroz pirata sobe ao pau maior do seu navío e, en plena aventura, a súa nai chámao para que vaia merendar? A ilimitada capacidade do maxín infantil para que calquera obxecto sexa un elemento de xogo e de goce está presente neste libro do tándem creativo formado por Ricardo Alcántara e Gusti. «O pirata valente» leva máis de 30 anos estimulando a fantasía coas divertidas rimas dunha trepidante peripecia que, sen saír da casa, invita a sucar os mares facendo abordaxes e buscando tesouros. A historia do pequeno Brais lémbranos o intrépido Max de «Onde viven os monstros», de Maurice Sendak, e remítenos tamén a «O pirata Pata de Lata», de Oli e Ramón Trigo.

As ilustracións participan do dinamismo literario con trazos áxiles e escenarios esquemáticos suavemente coloreados onde o protagonista non para quedo: lánzase cunha corda, manexa o temón e os anteollos… Destaca a habilidosa e expresiva proposta para reflectir o tránsito da ficción á realidade que, lonxe de truncar o ritmo do relato, refórzao en intensidade e humor.

21KL44484
Sin comentarios
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.
Producto añadido a la lista de deseos
Producto añadido para comparar.