O DÍA DAS APERTAS
O día das apertas
Stehr, Frédéric
Tradución: Xosé Ballesteros
A amizade e a complicidade entre estas pequenas aves transpórtanos á tenrura da primeira infancia, ao apego cos seus peluxes e á autenticidade dos sentimentos.
Colección: Acartonados
Idade recomendada: A partir de 0 anos
Páxinas: 24
Dimensións: 20 x 20
ISBN: 978-84-1343-057-7
O día das apertas
Stehr, Frédéric
Tradución: Xosé Ballesteros
A amizade e a complicidade entre estas pequenas aves transpórtanos á tenrura da primeira infancia, ao apego cos seus peluxes e á autenticidade dos sentimentos.
Esta serie de Frédéric Stehr protagonizada por pequenas aves desprende tenrura e emoción; o autor métese na pel dos nenos e das nenas a través destes adorables personaxes que reflicten as inquedanzas e os sentimentos infantís, auténticos e profundos. «Chin Bam Bum!» é un divertido e ruidoso xogo musical creado a través da experimentación cos sons que producen distintos accesorios domésticos; un achegamento ao xogo simbólico que xorde da exploración da contorna máis cercana. «O día das apertas» comeza sendo a expresión do afecto mediante un obxecto -doudou- co que establecen un vínculo e que lles transmite seguridade, calma, consolo… e acaba sendo unha celebración da amizade.
Ambos títulos teñen en común aspectos narrativos como a estrutura sumativa e acumulativa, a sinxeleza dos diálogos plasmada a través de frases curtas, onomatopeas, e a atmosfera de ledicia e de espontaneidade que envolve as historias.
A nivel plástico tamén destaca o minimalismo dos escenarios, bosquexados a través de liñas tenues, mentres que os trazos firmes e a cor resérvanse exclusivamente para os personaxes e as accións que desenvolven, centrando así a atención das lectoras e dos lectores. De formato acartonado e esquinas romas para adaptarse ás súas necesidades, son relatos abertos cuxa contraportada redondea o argumento o amplía o final